Linux e Windows
Weblog onde publicarei as miñas vivencias en Windows e Linux.

GNIX

GNIX-Vivo é unha distribución GNU/Linux live-CD en galego. Esta baseada no Morphix e o escritorio é o KDE.

As aplicacións instaladas que trae son as principais que veñen co Debian e moitas máis coma o Evolution, Firefox, Gnomemeeting, K3b, Mplayer, Xine, etc... Trae un montón de programas e xogos para que os usuarios inexpertos poidan facer de todo.

Pareceume un pouco lenta, sobre todo ao se iniciar e ao abrir as aplicacións, pero supoño que iso é problema do meu ordenador.

Polo demáis é unha boa distribución ainda nunha fase beta que cando teña unha versión estabel será unha distribución moi boa. Gústame :P.

09:34 | IaRRoVaWo | 2 Comentarios | #

Estou aqui de novo

Tras moito tempo sen postear estou aqui de novo e espero que poida postear máis a cotío.

Co Windows XP tiven un problema que solucionei formateando e voltandoo a instalar. Logo tiven un problema con virus que solucionei instalando o Service Pack 2. De momento o SP2 non me deu problema ningún. Vai todo ben, dentro do que cabe.

Teño algo aforrado e espero que neste mes merque un disco ríxido de 160Gbs. Particionarei o disco ríxido de 20Gbs, nunha partición estará o Windows XP Pro SP2 e noutra estará unha distribución Linux.

Que distribución Linux? Co ultimo post fiquei con máis dúbidas xDD Pero a distro que escolla será Mandrake, Debian ou Red Hat. Vou baixar algúns live-CD para ver que tal, xa teño o Knoppix 3.2 e agora mesmo estou a baixar o GNIX.

18:34 | IaRRoVaWo | 3 Comentarios | #

Que Linux escoller?

Teño dous discos ríxidos, un de 4gbs e outro de 20gbs (aproximadamente) dividido en dúas particións. No de 4gbs é onde teño instalado o Windows XP, pouco espazo pra Windows, xa o sei... Mais vou mercar outro disco ríxido de 120gbs. Entón, no disco ríxido de 20gbs, unha partición vai ser pra Windows XP e a outra vai ser pra Linux.

O que non sei é que Linux meterlle. Quero que no Linux poida facer o mesmo que fago en Windows, aínda que sea con diferentes programas. Iso é, chatear no IRC, no MSN Messenger, navegar pola rede, xogar a xogos, empregar programas coma o Photoshop ou o Dreamweaver, escoitar música, ver videos e películas, etc... E por suposto que estea en galego ou castelán.

Que Linux me recomendades?

00:09 | IaRRoVaWo | 6 Comentarios | #

Problemas coa gravadora

O derradeiro dia antes de ires á party Netgame Caixanova puxenme a gravar a CDs unha partición de 8gbs para ter espazo suficiente para descargar cousas.

Dos 10 CDs que tiña, só un gravou. A marca coido que é That's Write! pero non estou seguro. Os 9 restantes deronme un erro de End Fixation ou algo así. Procurando información sobre o erro pola rede, atopei que unha das solucións podería ser actualizar os controladores, firmwares, etc. Asi que baixeime todos os firmawares da miña AOpen CRW4048 e instaleinos. Despois de instalar todo ía moi lento, para abrir o menu de Inicio tardaba 10 segundos ou máis e non podía abrir ningún programa do lento que ía. Non sei se foi porque instalei mal os firmwares, ou porque contiñan virus, ou porque só me quedaba 6% de espazo libre no disco ríxido onde teño o Windows, pero o caso é que fun co ordenador escarallado (raro en min) á party.

O primeiro dia na party tentei solucionar o problema sen exito, até que obtei por formatear e instalar outra vez o Windows XP. Desta vez foi todo ben, e dunha tarrina de 50 CDs de Memorex gravoume o 100% deles, e de 3 tarrinas de 25 CDs de Think Xtra gravoume a maioria. Supoño que o problema tiña que ver cos CDs e non coa gravadora.

16:08 | IaRRoVaWo | 2 Comentarios | #

Galician Windows

Xa teño o Windows XP en galego. A súa instalación non ten ningún problema, vas á web de Microsoft e descargas o paquete de interface en galego de Windows XP.

Se lle coaron cousas por traducir pero esta ben, hai cousas ben curiosas como que "Mi PC" é "O Meu Computador", as "cookies" chamanse "testemuños", o "Archivo" da barra de enriba é "Ficheiro", os "discos duros" son agora "discos ríxidos", e máis cousas.

Esta traducido coa última normativa (a da concordia).

17:39 | IaRRoVaWo | 4 Comentarios | #

Estou aqui de novo

A miña ausencia neste blog debese a dous motivos principalmente, o primeiro foi a conexión a internet e o segundo a miña preguiza.

Coido que foi en maio cando se me escarallou o ordenador (si, outra vez). Xa non lembro como foi pero non cargaba o Windows XP, a pantalla ficaba negra e non facía máis nada. Decidín por formatear e voltar a instalar Windows XP. Despois instalei os programas que tiña antes e instalei a conexión ADSL de Telefónica. Mais a internet íame moi lenta, non podía cargar ningunha páxina porque do lento que ía saíame o típico erro de que non se pode atopar a web.

Así estiben un mes, máis ou menos, sen conectarme a internet (tampouco tiña moito tempo), até que se me ocorreu instalar o Panda Antivirus e tras actualizalo de miragre atopou no meu computador o Sasser. Despois de eliminalo xa foi todo ben durante unha semana que o ordenador voltou a ir lento en internet, e o antivirus non atopaba nada.

Finalmente dixenlle a un amigo que me instalase un ghost seu e xa todo foi ben.

08:38 | IaRRoVaWo | 0 Comentarios | #

Grabando CDs...

Teño decidido formatear o ordenador e instalar o Windows XP, logo cando saiba como facer particións e todo iso instalarei tamén un Linux (aínda non sei cal).

Pero antes teño que facer unha copia de seguridade de todos os arquivos que queira ter despois de formatear, é dicir, pasar a CD case todos os arquivos do meu ordenador. Iso supón grabar varias GB en varios CDs, sobre todo porque cando fun á NetGame (unha party que se celebrou en Vigo) pillei varias GB (musica, peliculas, videos, etc...) e aínda non os pasei a CD.

Ademais tamén teño que copiar alguns CDs que teño pendentes, asique voume ficar sen diñeiro ao mercar tanto CD, hehehe.

Pra que non se me esqueza, vou ter que facer unha listaxe con todas as contas que teño en internet, en webs, portais, xogos, etc... porque senon, despois de formatear, pode que se me esquezan.

03:26 | IaRRoVaWo | 1 Comentarios | #

Farto de Windows

Estou farto de Windows 98. Cada vez que encendo o ordenador dame varios problemas... O primeiro que fago có ordenador é darlle a Aceptar varias veces. Os videos só os podo ver có Winamp (e hai alguns que se ven en azul e sen son no Winamp), porque o DivX Player ou calquera outro reproductor (sexa de Windows ou non) dame erro nada mais inicialo, e iso que eu non andiven a tocar nada neses programas. A maioria dos programas, cando lles dou a fechar dame erro. O KaZaA non me deixa previsualizar os videos ou cancións, se lle dou a previsualizar dame erro. Se teño dous ou máis programas abertos á vez é dificil que non haxa algun erro. Se estou a empregar algún programa durante moito tempo dame erro seguro. Moi de vez en cando o Internet Explorer dame erro. O autoarranque dos CDs non funciona (eu non toquei en nada para nada). Cando me poño a xogar a xogos como o WarCraft III, o meu Windows reinicia só. Cando hai algun erro ou o ordenador ficase "pillado", o Ctrl+Alt+Supr non funciona... ¿Sigo?

Espero que remate de pasar todo-los meus arquivos a CDs e formatear o ordenador, e logo instala-lo Windows XP (espero que sexa mellor que o 98) e máis adiante instalar un Linux.

03:26 | IaRRoVaWo | 0 Comentarios | #

GeeXbox

GeeXbox é unha mini-distribución de linux en live CD, é dicir, unha mini-distribución que non fai faia instala-la porque se executa diretamente dende o CD. O GeeXbox só se emprega pra ver peliculas ou escoitar musica. O seu funcionamento é sinxelo: metes o disco do GeeXbox, reinicias o ordenador e esperas a que cargue o GeeXbox, logo pedirache que quites o CD e metas un CD que conteña algun arquivo de video ou de musica e... a ve-la pilicula ou a escoita-la musica. Isto esta ben porque non necesitas instalar nengun codec ou programa e como é un live CD podes ver calquer arquivo de video en calquer ordenador aínda que non teña os codecs necesarios.

Isto venme de perlas porque có carallo do Windows non podo ve-las piliculas por mor dos erros que me da o W98 SE. O problema é que o GeeXbox non me funciona e xa levo gastados 4 CDs... :(. Primeiro baixei a última versión (0.96) en forma de .iso e grabeina, probei a ver se funcionaba e non funcionou. Vin os arquivos que tiña e dinme conta de que o primeiro arquivo que habia era unha carpeta chamada GeeXbox e dentro estaban os demais arquivos, pensei que esa carpeta a xerara o WinRAR e copiei os arquivos de dentro desa carpeta nun novo CD e volvín a probar e... non funcionaba. Lendo o FAQ da web do GeeXbox dinme conta que pra grabalo .iso tiña que ser en DAO mode (disk-at-once mode) e puxen o Nero pra grabar en DAO mode... e deu erro ao grabar. Puxenme a ver a información da miña grabadora e no apartado de DAO poñia: CueSheet, DAO/96 (o de CueSheet non sei que significa). Entón puxenme a grabar en modo DAO/96, grabou ben, puxenme a probar se funcionaba e... nada, non funcionaba, e como xa levaba varios CDs parei de probar.

Alguén sabe como podo solucionar isto?

03:26 | IaRRoVaWo | 1 Comentarios | #

Aburiño Win98

Xa non teño o Windows 98, agora teño o Windows XP. Este troco foi causado por un erro que só se podía solucionar formateando.
Estiven dende 26 de decembro até o 5 de xaneiro sen poder empregar o ordenador. Cando acendia o ordenador todo ía ben até que se cargaba Windows, na pantalla aparecia o fondo de pantalla e antes de que apareceran outras cousas, a pantalla azul tipica de Windows aparecia. Se lle dabas a unha tecra non pasaba nada e se lle dabas a ctrl+alt+supr reiniciabase. Só podia entrar en Modo a Proba de Fallos.
Levei o ordenador á tenda pra ver se mo podian arranxar e alí dixeronme que o problema seica o provocara unha libraría dalgún programa que baixei e que agora estaba aberta ou algúnha cousa así. O certo é que o derradeiro programa que baixei e instalei no Win98 foi o Internet Explorer 6, asi que, supoño que foi o IE quen provocou o erro.
Na tenda dixeronme que pasara todo o que quixera conservar ás particions D e E e así poder formatear a unidade C. Depaso dixenlles que me instalaran o Windows XP.
E así agora teño o Fiestras XP Profesional :P.

03:26 | IaRRoVaWo | 0 Comentarios | #

Fiestras XP

Como sabedes xa teño o Windows XP Pro. Acho que é o mellor Windows que hai atualmente (polo menos dos que vin...), pero iso non lle quita de ter cousas malas.

O aspecto grafico gustame, esta moi ben feito, as carpetas con imaxes estan moi ben, iso de ter un visor de imaxes xa integrado creo que é unha moi boa idea, ademais, sen abrir o arquivo podes ver que imaxe é. Outra cousa boa son os arquivos .zip, que co WinXP aparecen como se fosen carpetas normais e correntes, só cun dobre click xa estas dentro do .zip. Outra cousa boa é a información que teñen á esquerda as carpetas e tamen que podes ocultar as iconas que queiras na area de notificación (abaixo á dereita, ao lado do reloxio). E algunhas cousas máis que ten...

Mais, con Windows é imposible non ter cousas malas, xa empezando por a saber cantos spywares teño dandolle informacion a Microsoft. Outra cousa é que xa tiña instaldo o Messenger pero nunha versión antiga e non o podo desinstalar (vin nunha web como desinstalalo, cando teña tempo fareino) e como me baixei a nova version, agora teño dous messengers. Non teño son porque a tarxeta de son que teño non é compatible con Windows XP, e cada vez que soa algun son, o ordenador colapsase e só podo reiniciar. Ás veces recibo mensaxes en forma de pop-up (pero non en Internet Explorer, senón como se fose un programa) anunciandome algo ou dicindome que teño o ordenador vulnerabel pra os hackers que poden entrar no meu ordenador do mesmo xeito que eu recibo eses pop-ups, e danme unha web pra poñerlle ao messenger un parche (seica é de ahí de onde veñen os pop-ups), pero eu non me fio moito de esas webs, alguén sabe como solucionalo?. Outra cousa temén relacionada co messenger é que eu entraba normalmente pero de supeto pediume que me fixera o .NET Passaport e non sei se o fixen ou non, eu só enchin un formulario (só me pedio o e-mail de hotmail), pero agora pra identificarme teño outra pantalla. Nada mais conectarme a internet xa tiven a tipica pantalla de que o ordenador vaise reinicar en 50 segundos por mor do Blaster, baixei o parche e listo, pero agora reiniciame ás veces, sen avisar e non sei por que será, igual é pola RAM (teño 256MB) pero non creo, non sei porque será.

Por certo, creo que o Windows XP esta dispoñibel en catalán, alguen sabe se o esta en galego?

03:26 | IaRRoVaWo | 0 Comentarios | #

Sen son

Dende que teño o Windows XP estou sen son e estou case seguro de que o problema esta na tarxeta de son.

Tentei procurar na internet polos drivers pro Windows XP da miña tarxeta de son (Sound Blaster PCI 64v) e non os atopei, inclusive procurei na paxina oficial da Sound Blaster e pro Windows XP non existían. Así que supoño que o problema é que a Sound Blaster PCI 64v non é compatible con Windows XP.

Ao principio, cada vez que se reproduciía un son o ordenador reiniciabase, asi que tiña que entrar en Modo a Proba de Fallos e ir ao Panel de Control e alí configurar a tarxeta de son. Fedellando conseguín que cada vez que soase un son o ordenador se colapse, entón xa podía entrar normal e navegar normalmente até que unha web tivera unha animación en Flash con son e tivera que reiniciar outra vez o ordenador. Despois fedellando outro pouco desabilitei a tarxeta de son e agora se soa un son o ordenador só se relantiza moito, mais polo menos non teño que reiniciar.

Vou pór unha tarxeta de son nova pero non sei cal, non entendo de tarxetas de son. Alguén sabe dalgunha tarxeta de son boa?

03:26 | IaRRoVaWo | 0 Comentarios | #

Windows XP en galego

Xa hai tempo que o Windows ten versión en catalán ou noutros idiomas minoritarios, mais non en galego. Fai pouco, Microsoft fixo a versión galesa do Windows XP grazas a que a tradución do Linux en galés estaba a piques de rematar, o que suporía un aumento do software libre en Gales.

A Mesa pola Normalización Lingüística púxose en contato con Microsoft pra dicirlles que se non traducían o Windows XP e o Office XP a galego, A Mesa faría un boicote a Microsoft traducindo e promocionando o Linux en galego. A Mesa xa levaba moitos anos pedindo o Windows en galego (dende o Windows 95), mais nin Microsoft nin A Xunta de Galiza facíanlle caso, alegando que as traducións custaban moitos cartos.

Microsoft contestou a A Mesa favorabelmente á tradución do Windows XP e Office XP ao galego, mais logo volveron a contestar dicindo que A Xunta de Galiza xa asinara un acordo con Microsoft vai 8 meses pra a tradución do Windows XP e Office XP ao galego e que A Xunta non quería anunciar iste acordo.

Non sei porque A Xunta non quere anunciar que o Windows XP vai estar en galego, quizais sexa porque non quere que os galegos teñan o seu Windows XP no seu idioma.

Ao final, teremos o Windows XP en galego de balde dentro duns 15 días, só teremos que descargarmos un parche pra pasar da versión en castelán á versión en galego. O Office XP estará en galego antes do vrán.

03:26 | IaRRoVaWo | 4 Comentarios | #

Tiven un virus

Tiven un virus. Máis concretamente o Bardiel. Infeteime ao ver unha imaxe na internet. Non puiden facer nada por evitalo posto que este virus ataca aos antivirus máis coñecidos e o AntiVir non dou atopado con el (mais atopoume outro virus). O fodido deste virus é que non te deixa eliminar o virus, non te deixa abrir o Panda (nin outro virus coñecido, McAffe...), se entras no Google e procuras informacion sobre este virus, o Internet Explorer (ou calquer outro navegador web) pechase, se entras na paxina do Panda o navegador web pechase (co cal non podes pasar o Active Scan), se tentabas abrir o AUTOEXEC.BAT ou o WIN.INI (pra eliminar o virus manualmente), eses arquivos pechabanse, ademais non deixaba gravarse en CD.

O curioso foi a situción na que fiquei infetado. Levei o ordenador a casa dun amigo pra que me solucionara o problema do son e case o consegue (só faltaba baixarse uns controladores), volto pra casa co meu ordenador e navegando entrame o virus. Ao día seguinte volto á súa casa e pasamos todo tipo de antivirus, discos de rescate, antes de iniciar o sistema, etc... e nada... non daba ningun virus, outra vez pra casa co ordenador infetado. Ao día seguinte volto á súa casa e co Knoppix (tiña que ser Linux o que solucionase isto) tentou eliminar o virus manualmente. O conseguiu máis ou menos... o virus non facía case nada pero seguía estando ahi, asique desconetou o segundo disco duro (o que non ten o Windows) e reinstalou Windows no primeiro disco duro. Xa estaba case todo rematado. Cheguei a casa e instalei o Panda, actualizeino e voltei a conetar o segundo disco duro. Pasei o Panda e non encontrou nada. Pasei o Active Scan, non vaia se-lo demo..., e atopou 506 arquivos infetados e desinfetounos.

Agora xa teño o ordenador 100% libre de virus e tamén teño son.

03:26 | IaRRoVaWo | 1 Comentarios | #

Xa teño son

Como xa dixen no ultimo post, xa teño son. Xa podo escoitar todos os arquivos musicais e videos que teño. Ademáis de que tamén poderei instalar os xogos.

Levei o ordenador a casa dun amigo pra que me arranxara o problema que tiña co son. Estivemos alí toda unha tarde e case o conseguimos, os sons ouvíanse descontinuos mais xa non se colapsaba o ordenador. Segundo o meu amigo, só faltaba baixarse uns controladores e o son voltaría a funcionar ben. Mais antes de baixar os controladores pillei un virus (ultimo post)... e se fodeu todo...

Pra solucionar o virus tiven que reinstalar o Windows XP, e ao reinstalares o Windows XP o son volveu a funcionar perfetamente!

O meu amigo dicia que o problema do son estaba en que tiña instalado os drivers dunha RealTeck (ou algo así) e os drivers da Sound Blaster, e ao soar un son había un confilto entre elas e daba erro. O curioso e que eu non teño unha RealTeck e tampouco instalei os drivers, mais estavan alí.

03:26 | IaRRoVaWo | 0 Comentarios | #

Volta a ter problemas

Non paro de ter problemas co ordenador. Esta vez pasoume unha cousa ben rara.

Estaba eu xogando cun emulador da Nintendo 64 e decidín pór o WinAMP (non foi a primeira vez que tiven abertos e funcionando isos dous programas), ao comezar a soar unha canción, o WinAMP deu un erro e ao pechalo, a pantalla ficou negra. Reinicie e ao abrirse Windows só aparecia o fondo de pantalla, sen iconas nin a barra de inicio. O curioso é que eu daballe a Ctrl+Alt+Supr e dende Archivo > Nueva Tarea podia abrir calquer programa (inclusive o WinAMP que foi o que deu erro) menos o explorer.exe.

Despois duns días fun a casa dun amigo a ver se mo podia arranxar, mais non soubo cal era o problema, asique instalou un ghost do seu ordenador e listo, agora xa teño o ordenador ben.

03:26 | IaRRoVaWo | 1 Comentarios | #




		
 

Archivos

<Diciembre 2008
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Documentos


Bloxus

Bloxus

© 2002 IaRRoVaWo